
25 Feb Xa é de día
A Banda do Verán leva xa máis de 10 anos levando música, danzas e moita participación por toda a nosa terra.
Destaca por fusionar música, danza e teatro nos seus espectáculos como “Estamos no verán!!!” e “A Casa do Terror”. Ambos espectáculos tamén son un libro-cd editado no seu día pola Editorial Galaxia.
A Banda do Verán foi premiada nos Premios Martín Codax da música na categoría de Música Infantil e nos Premios Frei Martín Sarmiento na mesma categoría. Foi tamén nomeada como Mejor Álbum en Lengua Gallega nos VI Premios de la Música Independiente e nos premios Ari(T)mar das músicas galegas e de Portugal.