Vento

Vento

Pauliña

Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña no panorama musical, é unhas das voces femininas con máis carácter e personalidade de hoxe en día. A súa imaxe provocadora, a súa forma de ser: directa, sinxela, achegada…, non deixa indiferente a ninguén.

A comezos deste 2020 vainos presentar o seu segundo traballo: A MALFALADA, co que comeza unha nova xira que a levará a percorrer todos os escearios da Galiza e de España, tras a gran aceptación que tivo “De-xeneración” o seu primeiro traballo.

Pauliña rodease dunha gran banda formada por músicos con máis de 20 anos de experiencia enriba das táboas, e que levan moitos concertos as súas costas (Iago Jorge na batería, Lolo Arincón co baixo, Paco Montoto nos teclados e melódica e Julián Gullón á guitarra). Cun directo potente e demoledor, onde mesturan o country ca música folk, rock e blues, non deixan a ninguén indiferente.