16 Mar Veño darche a Mau
Roberto Sobrado grupo presenta o seu último traballo onde as voces de poetas amigxs dialogan co blues, o rock, o pop e a electrónica de autor nun ataque máis de eclecticismo agudo ao que nos ten acostumadas. Pasen, vexan e escoiten. É o tempo do Monstro delicado, a beberaxe encantada que fai desaparecer as rugas dos ourizos mentres transforma as ás das pirilampas en diamantes incandescentes e as sombrías mandarinas en galaxias de espuma, desencadeando reaccións etéreas desde as entrañas dunha máquina de tempo construída con fíos de ameixas.
Roberto Sobrado é música e poesía. Sempre vai haber algún acorde que saia da súa guitarra para encher unha festa, sempre un verso a ilustrar un capítulo da vida. Comezou con Silvio, Sabina e Serrat, logo deulle por Calamaro e Reixa, mais os seus propios versos e melodías non lles desmerecen a ningún deles nin en forza nin en compromiso. Curtido no Fonte Sequelo (Compostela) madurou na Cavern (Liverpool) berce, entre outros, dos Beatles. Mais afortunadamente volveu ao país e deulle forma a unha banda que desde entón o acompaña e fai medrar a súa música. Música feita consentidiño e sentimento. Música feita en Galiza e en galego.Os seus discos son cálidos os seus directos dinámicos. Non dubidedes en achegarvos a el porque sempre sairedes cun sorriso nos lábios, sempre levaredes un retrouso no corazón.