
24 Feb Vai Star Ben
Enxeito é un grupo musical que ofrece unha experiencia sonora única fusionando o Funk e o Soul con letras optimistas de Rap en galego. A súa música fai bailar, divirte e provoca reflexión e positividade. Enxeito é unha desas bandas que fan unha música e un espectáculo que se adapta aos mais diversos contextos e públicos de diferentes estilos e diferentes idades. Así Enxeito ten actuado en diferentes escenarios: Morrasound Fest (Moaña), The Wild (Vigo), Festival dos Eidos (O Courel), Vilariño Folc (Cangas), O Revoltallo (Vigo), Rock na Rúa (Ponteareas), Aturuxo (Bueu), Casablanca (Compostela), Náutico (Castrelo de Miño) Deilán praia (Vilaboa)…