Unha pequena cousa fundamental

Unha pequena cousa fundamental

Somos Biribirlocke, cada día uns poucos máis. Empezamos nisto do rock and roll en 2010 e desde entón non paramos un minuto, fervendo notas desde Bugallido, corzos oriúndos do concello de Ames.

Hector (batería), Raul (guitarra), Carlos (baixo), Andrea (saxo) e Benja (voz), unha banda cun directo caralludo que disfruta e o dá todo no escenario. A enerxía que nos define xunto co tipo de música que facemos, non deixa indiferente a ninguén. O noso é facer festa, combinando cordas e ventos.

A canción que presentamos este ano acabámola de subir hoxe mesmo as plataformas. É un tema que fala do amor polos nosos, pola familia, amigos, unha forma de expresar todo o que sentimos por eles e que as veces tanto nos costa dicir e expresar. Esperamos que vos guste.