Tocoteu

Tocoteu

Chuches Amil é o proxecto de música familiar do compositor coruñés Fran Amil
(que é o propio baterista que boura no Himno do Cantalingua, con Os Tres
Trebóns, nas percusións e a batería). Chuches Amil nace no ano 2014, coa
preparación das cancións que deron lugar ao primeiro libro-cd de Chuches
Amil, titulado “Un conto ao revés”, publicado pola Editorial Galaxia en 2015,
dentro da súa colección de música infantil Sonárbore. Dende ese momento,
coas súas cancións cheas de rock, pop e ritmos frescos e contaxiosos, Chuches
Amil comeza a dar concertos por toda Galicia, levando ledicia e diversión a
mancheas para o público máis esixente deste planeta…, e doutros máis
lonxanos.

No ano 2018 publícase “Monstros. Con ou sen consentimento”, de novo na
colección Sonárbore. E máis concertos. E máis xolda. E máis festa. Un non
parar que forma parte dun dos berros máis recoñecibles de Chuches Amil nos
seus directos: “Non vale parar.” E abofé que non…
No ano 2022 Chuches Amil presenta “O Apalpador”, un tema que avanza o
vindeiro traballo deste marabilloso proxecto musical ao que estades todas e
todos convidados.

Para o Cantalingua 2023 Chuches Amil presenta outra novedade intergaláctica:
“Tocoteu”, unha rumba marchosa para combater aos intrusos que tentan
apoderarse da saúde dos nosos corpos. Pero estes son tan poderosos que
combaten contra o calor febril dos intrusos.
E ti, que fas estrullado no sofá. Lembra que o teu corpo é poderoso. Coma ti.
Baila con Chuches Amil.