Tintirintiñas Tintirintolas

Tintirintiñas Tintirintolas

Os Jalochos son Sabela e Suso. No ano 2021 fundan a compañía, coa que xiran co espectáculo infantil “Ritmando” e actualmente co espectáculo “A Landra viaxeira e o amigo Lambón”.

Os Jalochos ofrecen un espectáculo musical interactivo co obxectivo de fomentar entre as crianzas o uso da lingua galega como fonte de diversión e aprendizaxe. Unha viaxe musical pola natureza de Galicia na procura da festa.

Para levar a cabo o espectáculo desenvolven un concerto participativo mediante xogos baseados en conceptos musicais (tempo, ritmo, dinámica), así como a percusión corporal, o baile e a lingua de signos.