Ti podes

Ti podes

Gael de Papel é o proxecto musical do cantautor portugués Gael Martins.

Música folk e tradicional con sons que miran cara á musica barroca e renacentista interpretadas coa guitarra, violonchelo e acordeón e cantadas en galega, portugués e castelán.
Os temas son, en case a súa totalidade, orixinais e falan das inquedanzas que nacen de habitar un mundo onde conviven distintas formas de beleza e de inxustiza.
É un proxecto comprometido coas loitas pala xustiza social como o transfeminismo, as migracións dignas, o antirracismo, etc. Nos concertos, hai unha compoñente de contacontos que acompaña algúns dos temas que interpreta. É un espectáculo intimista e a pequena escala.