Somos

Somos

David Alonso é mestre de arte e música de profesión e o creador de David Dealonso, Este é un proxecto que nace como resposta a unha necesidade creativa. As cancións enmarcan sentimentos, vivencias e idealizacións en primeira persoa. Cunha carreira artística que se foi forxando noutros proxectos anteriores decide optar por facelo en solitario coa ambición principal é desfrutar e facer desfrutar. David Dealonso non repara nun tipo de música concreto pero focalízase nos concertos acústicos nos que combina cancións en galego, castelán e inglés. Éste proxecto obtivo o segundo premio no Certame Xuventude Crea 2018.

En 2019 tiven a oportunidade de musicalizar os poemas premiados no concurso Lingua de Namorar que celebra cada ano a Xunta de Galicia. Son poemas curtos que grabei na casa e na que a meirande parte son grabados en directo. A entrega de premios celebrouse en maio de 2019 en Padrón onde toquei os temas premiados.

Actualmente atópome traballando de mestre de arte e música nun colexio inglés en Estocolmo. Neste colexio fixen algún proxecto musical como o da canción popular “Túa nai é meiga”. Este foi unha canción con vídeo interpretada por min e algúns dos meus alumnos suecos para o festival Modersmålfestival.

Ademáis destes pequenos proxectos dou concertos en Estocolmo e son membro do coro Kultur på spanska kören, dirixido por Gabriel Lezcano. Mr. Alonso é outro dos meus proxectos. Nace cunha función pedagóxica con cancións en inglés para os nenos da escola. A pesar de levar vividos tres anos en Suecia a mina idea é voltar a Galicia a curto prazo. A lingua, a cultura e a terra está presentes en min cada día.