
24 Feb Sen dúbida, Florinda
Alfonso Espiño (Compostela, 1976), fundador de combos de culto coma Mega Purple Sex Toy Kit ou Los Chavales, lidera o grupo Espiño, onde factura un pop rock psicodélico underground en galego con melodías accesíbeis e voces preciosistas, cun enérxico directo.
As composicións orixinais de Espiño son xenerosas co detalle e os delicados arranxos, cunha lírica rica en personaxes fascinantes e lugares máxicos, inspirados pola natureza e a melancolía de Galiza.