
05 Mar San Martiño
Fran Amil formou parte do nacemento do Rock Bravú. Foi o batería de Os Papaqueixos, Diplomáticos de Monte Alto ou Ruxe Ruxe, entre outros moitos. Actualmente, presenta Popsía Vol. I un album no que a Poesía e a Música van collidas da man, nunha xeira que o está a levar polos institutos e colexios de Galicia, para levarlle a mocedade un sopro de vida e esperanza.
Para o Correlingua 2024 trae a canción San Martiño. Un santo moi humano. Intensamente humano. E moi, moi galego.