08 Xuñ Rexurdimento
Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña no panorama musical é unhas das voces femininas con máis carácter e personalidade de hoxe en día. A súa imaxe provocadora, a súa forma de ser: directa, sinxela, achegada…, non deixa indiferente a ninguén.
Neste incerto 2021 por mor da pandemia do COVID-19, Pauliña segue cara adiante. A comezos de ano presentará o seu novo traballo discográfico no que puxo sangue, suor e raiba, que de seguro sorprenderá a propios e alleos como todo o que esta muller foinos mostrando dende o seu primeiro traballo, e que a levará a percorrer as estradas cos seus músicos para amosar a tod@s porque é unha das bandas máis consolidadas da Galiza.
Pauliña comezou na súa terra natal, Cambados. Encantáballe compoñer, escribir o que sentía e aínda así cos poucos acordes que sabía amarrou a guitarra ao lombo e lanzouse a percorrer locais da sua bisbarra para expresar ca música o que acontecía na súa vida, provocando ao público sentirse identificado con moitas das suas letras.