
25 Feb Quero viaxar
As de Nebra somos un conxunto de 12 nenos e nenas máis dous profes de música da escola de Nebra (Porto do Son).
Dado que na nosa escola, inda que estea no rural, non se fala galego tivemos a iniciativa de fomentar o seu emprego en todo o cole compoñendo unha canción. A maiores elaboramos un baile e temos a intención de publicar outras cancións en galego que xa temos compostas. Deste xeito, incrementamos o emprego do galego e gozamos facendo o que máis nos gusta, a música.