15 Mar Queres ir a bailar?
Leria é un proxecto coruñés que xorde en 2021 da man de Mayra Vila
(vocalista e guitarrista) e Helena Barreiro (batería e corista), fundadoras do grupo artístico.
Ese mesmo verán, Mayra e Helena comezan a tocar polas rúas de A Coruña, e en
Agosto únese Itzi ao baixo. En Marzo de 2022, teñen a primeira oportunidade de
tocar nunha sala como é a mítica Mardi Gras, e finalmente incorpórase Andrea
como teclista.
A partir dese momento, continúan tocando polos bares e salas de concertos da
Coruña, como son o Bar Ateneo, o pub Cazuza, o Repi Beach de Arteixo… e incluso
un par de veces máis na Mardi. O que supón unha honra por todas as bandas que
pasaron tamén por ahí no seu momento. Todo isto sen deixar de tocar nalgúns
días de verán polas rúas da súa cidade.
Entón, chega a oportunidade de tocar na XXX edición do Rock in Cambre, o que
supón un antes e un despois para estas rapazas. Despois de concursar para abrir o
festival con outras bandas emerxentes, conseguiron tocar no escenario polo que
pasaran tantos grandes artistas do noso país.