
24 Feb Presumo de galego
Cuarta Xusta nace en Melide no festival Presumo de Galego do 2016 en colaboración co Pub Gatos e o IES de Melide. A banda conta con dous CDs autoproducidos “Un Novo Espertar” (2018) e “Libre Amencer” (2023), nos cales tiveron a honra de contar con colaboracións de grandes artistas do país como Vituco (Ruxe Ruxe), Bocixa (Zenzar), Javi Maneiro (Heredeiros da Crus), Jasper (Nao), Gabri (Dakidarría), Pauliña, Brais (Nuada) e moitos máis.
Baixo o lema “Berramos con música as inxustizas que nos rodean” a formación percorreu gran parte da xeografía do país, tanto por salas como por festivais, tratando de aportar o sentimento de unión e loita tendo como base a súa música reivindicativa.
Actualmente seguen movendo o “Libre Amencer” polas diferentes tarimas e torreiros e tamén están a traballar en novas músicas que máis tarde ca cedo verán a luz.
Cuarta Xusta somos Aida (voz), Marta (violín, guitarra e voz), Alberto (guitarra), Laura (baixo) e Lúa (batería).
Que cada “Novo Espertar” vos traia un gran “Libre Amencer”.