05 Mar Presumo de Galego
“Cuarta Xusta somos Aida, Marta, Lúa, Laura e Alberto, e gústanos berrar con música as inxustizas que nos rodean!!”
O grupo nace en Melide no festival Presumo de Galego organizado polo IES de Melide e o Pub Gatos onde comezaron a dar os seus primeiros concertos. Ao pouco tempo presentan o disco debut “Un Novo Espertar” co cal xiraron por unha gran cantidade de salas e festivais do país. Actualmente están presentando o segundo álbum de estudio “Libre Amencer”, tamén con música e letras propias autoproducido, no cal contan con diversas colaboracións do panorama de música galega. Que cada Novo Espertar vos traia un gran Libre Amencer! Saúde e Rock and Roll!!!