05 Mar Preludio
O que?
Si oh!! Cantatorrella.
Un grupo musical novo pola banda das rías baixas e que estamos a presentar a nosa proposta a todo o mundo mundial. Facemos música bailable, cercana e xeitosa.
Non vimos a inventar nada no eido musical pero… o “sontorrella” viu para quedar. Rumba, Cumbia, RockandRoll… eu que sei…
Letras en galego cheíñas de historias de preto, retranqueiras e poéticas.
Torrella!!! Ti sabes o que signica torrella…? É unha palabra da nosa contorna… mesmo aí ao lado, na cidade de Vigo non teñen nin idea do que é… iso si, o seu alcalde ten bastante, mais é torrella iluminada (jejeje). Non a parece no dicionario Xerais da lingua nin no Estraviz, pero nós contámoscho ó noso xeito.
Torrella: (pro.lat.torae) s.f. Pop. insulto cariñoso propio da comarca de Redondela, e encontadas zonas do sur das rías baixas. 1.Enleada mental. (Canta T. hai no mundo, Diormio). 2.Empanada, Parvoeira. (Tes unha T. que non te aclaras).
Reivindicamos a Torrella do país, a nosa, a enxebre. Torrella Calidade!!
Pero mira que teño Torrella… Amianto debaixo da tella!!
“Cantatorrella” somos un grupo musical de Redondela que se empeza a fraguar a finais do ano 2021. A banda está formada na actualidade por cinco integrantes de diferentes xeracións, desde os vinte
e poucos ata os sesenta anos, dándolle ao proxecto un aquel de veteranía e modernidade.