Por chegar

Corpo Nu

Por chegar

Corpo Nu é un proxecto do produtor e compositor galego David Alonso, centrado no pop melódico con tintes de folktrónica. As cancións, interpretadas integramente en galego, combinan guitarra e voz con elementos electrónicos, dando lugar a unha sonoridade coidada e contemporánea. No proxecto, as letras teñen un papel fundamental, ao mesmo nivel que a música, e todo o proceso creativo (desde a composición ata a produción) corre a cargo do propio creador.

Formado en Creative Music Production pola Novia University of Applied Sciences (Finlandia) e en Educación Musical pola Universidade de Vigo, David Alonso une a súa experiencia artística, tecnolóxica e pedagóxica nun proxecto que aposta pola innovación musical.

Aínda que o corazón creativo reside en David, Corpo Nu consolídase en directo como unha banda máis orgánica, integrada por Xurxo Estévez (baixo) e Diego Vázquez (batería e percusión) e o propio David (voz e guitarra). Diego (México) e David coñecéronse no máster de Medios Sociais (Uvigo) que seguen estudando en Pontevedra, mentres que Xurxo entrou máis tarde no proxecto, sendo un referente no recanto do jazz.

En conxunto, Corpo Nu preséntase como unha proposta de fusión de xéneros nun formato trío con tintes electrónicos.