
24 Feb Papaventos
Formado por Tomás Q (batería), Lucho Q (guitarra), Javi Q (harmónica e guitarra), Pablo Q (baixo eléctrico) e Cortizo Q(guitarra e voz principal). Despois de gravar varias demos e xirar por salas e festivais, no ano 2018 publican o seu primeiro álbum de título homónimo e influenciado por bandas como The Black Crowes, The Rolling Stones, Gov’t Mule ou The Allman Brothers entre moitos outros.
Susie Q’s desprega un estilo que bebe basicamente do rock and roll, aglutinando influencias de diversos estilos como o blues ou o country. “As nosas cancións contan con letras comprometidas socialmente, cargadas de optimismo nalgunhas ocasións e contando pequenas e entrañables historias persoais noutras”.
Dedicaron os últimos meses a dar forma a un novo EP gravado nos seus propios estudos Cameixa Records. “Está formado por temas que farán as delicias dos amantes do son clásico que combinamos con novas técnicas de gravación para lograr unha proposta musical moi orixinal. A súa música cheira a distorsión anella e sabe a melodía doce. Un cóctel creado para relaxarse e gozar”.