Outra vez NY

Outra vez NY

Ferreirós é un cantante, compositor e guitarrista residente en Compostela.

Aproveitando o confinamento dedicouse ás gravacións caseiras e rudimentarias, coma é o caso da presente peza. Espera conseguir pronto a inmunidade (de rabaño e diplomática co pasaporte COVID) para volver viaxar, a Nova Iork por exemplo; unha vez alí ten pensado mesturarse cos gaiteiros que desfilan pola Quinta Avenida, esluíndose así ata a próxima.

Polo momento alterna a música co seu traballo de profe no ensino secundario.