Os días felices

Os días felices

Anxo Araújo achega unha proposta de pop con sintetizadores e presenza de percusións e ventos como sinal de identidade. Un directo vibrante e atmosférico do que a música popular é parte importante. Reminiscencias de folk e da música tradicional galega nos marcos das cancións e unha temática que vai do íntimo e máis persoal ao social e comunitario. Anxo Araújo firma un proxecto luminoso que se achega máis que nunca aos ritmos de baile. “Aprender a bailar” é o seu segundo disco que verá a luz en marzo de 2024.

Proxecto nomeado ao Mellor grupo de Pop indie nos Premios Martín Códax da música galega.
Proxecto seleccionado no MUMI – Feira de músicas do Minho 2023.