06 Mar Os Cabaleiros bibliotecarios
Paco Cerdeira (Músico, Compositor e Produtor) leva adicándose ao público infantil dende xa fai mais de 15 anos, comezando os seus pasos como membro de Mamá Cabra (grupo de música didáctica infantil en galego), do que participou nos seus traballos durante mais de 10 anos continuadamente, sendo eixo principal dos espectáculos desenvolvidos en coles, teatros, auditorios, librerías, bibliotecas, feiras do libro, etc.
No ano 2014, dada a súa longa traxectoria, decide formar a súa propia banda de música infantil, e nace así A Gramola Gominola, editando así o seu primeiro traballo en Libro-Cd como Autor en Marzo de 2015, “A Gramola Gominola” (Editorial Galaxia- Sonárbore). Crea cancións para un proxecto musical totalmente diferente ao visto ata ese momento, tendo como eixe central o Rock and Roll, sendo unha proposta didáctica para os máis cativos da casa. No ano 2017 edítase o segundo libro-disco “Cancións para desafinar” seguindo a mesma liña, e no 2019 sae á luz o terceiro traballo da banda, “Bravas. O rexurdir da luz”, todos coa Ed. Galaxia. Ademais da formidable aceptación do público, acadan o Premio Martín Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil
O seu proxecto máis persoal, Pakolas, nace a finais de 2015, no que segue a compoñer para a cativada con letras e composicións propias. O seu primeiro traballo en solitario, “Pakolas” (2017), é un libro-disco publicado pola Ed. Galaxia, que conta co respaldo do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia. En agosto de 2020 sae editado o seu segundo traballo en solitario, “Ramona Órbita, a dona do tempo” (Ed. Galaxia, 4ª Ed Set 2023). Axiña agota a súa primeira edición, tan só cinco meses despois da súa estrea. En Xaneiro de 2021 sae do prelo a segunda edición ata a cuarta edición en setembro de 2022, con mais de 2.000 exemplares vendidos. Neste novo libro conta e canta a ritmo moi rockeiro a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas , e ademais ten unha máquina do tempo, coa que viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.
En 2023 sae editado o seu terceiro traballo en solitario, “A Ramona Pequena vai á lúa” (Ed. Galaxia, 2ª Ed Set 2023), unha nova entrega das historias da súa labrega inventora favorita, e desta volta a máquina do tempo lévanos á súa infancia. Corría o ano 1967 no Courel e Ramona contaba con 6 aniños. Era unha nena movida por constantes inquedanzas, cunha mente esperta e imaxinativa. Adoraba perderse entre as páxinas de Xulio Verne, sobre todo un que lle espertaba a mais grande das curiosidades, “Da terra á lúa”. Este novo libro asgota a primeira tirada en tan so cinco meses
En 2023 tamén resulta gañador do XIV Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña.