
25 Feb O tolo perigoso
La Reina del Vúdú é un grupo musical formado en Portonovo (Sanxenxo) a comezos dos anos 80 por un grupo de músicos da contorna con afán de creatividade e de expoñer a súas composicións. Como o seu propio nome indica, a súa temática trata sobre a propia escuridade da vida (outros títulos de cancións como A maldición, Sombras, Sombra na Noite, Non teñas medo…) ven facernos unha lembranza a todas esas inquedanzas da vida cando todas esas forzas malvadas se apoderan de un.
Na actualidade, La Reina del Vudú está formada polos seguintes compoñentes:
– Alfonso Lobato: voz
– Dani Dopazo: baixo, mandolina eléctrica e voz
– Manuel Uhía: guitarra, teclados e voz
– Mon González: guitarra e vozç
– Carlos Carballa ” Carramon”: gaita e percusión
– Lucas Guzmán: saxo e teclados
– Richard Pazos: batería e voz