20 Mar O rap da lingua
Migallas Teatrovén realizando desde a súa fundación no ano 1992 numerosas actividades de promoción da lingua e da cultura galegas mediante montaxes teatrais; concertos; sesións de narración oral, obradoiros, cursos etc.
Alén disto, elaborou materiais audiovisuais como os libros-disco “¡Canta connosco!”, e “Pan de millo”, o disco “Zaragallada”e a serie de 25 vídeos para fomentar a práctica da lingua mediante os ditos infantís tradicionais chamada Brincadeiras da lingua, baseada na páxina web Orella pendella, que coordina desde o ano 2008.
Migallas Teatrorealizou máis de 1700 representacións de máis dunha trintena de espectáculos diferentes creados pola propia compañía. Alén disto, ten coordinado a creación de máis de medio centode montaxes teatrais con rapaces e rapazas de entre 7 e 18 anos.
Tamén leva a cabo talleres de expresión dramática, plástica e musical a través de concellos, asociacións e colexios de diversos municipios como Vilaboa, Soutomaior, Tomiño etc.
Na cidade de Pontevedra coordinou desde o ano 1998 ata o ano 2020 os obradoiros de expresión dramática, plástica e musical “Á procura do tesouro”que organizaba cada ano o Concello de Pontevedra e polo que pasaron máis de 3000 rapaces e rapazas de entre 4 e 18 anos.
Por outra banda, nos anos 2002 e 2003 creou e puxo en escena o espectáculo da Cerimonia de Apertura da Feira Francade Pontevedra e no ano 2004, o espectáculo ao aire libre Os Irmandiñosno que participaron 40 persoas.
Tamén realiza visitas culturais teatralizadaspolo Centro Histórico de Pontevedra coa creación de varios espectáculos: “A Boa Vila dende o Camiño Xacobeo”e “Paseo máxico pola Boa Vila”.
Coordinou os obradoiros de narración oral do Centro de Interpretación de Oralidade de Vigo CIOVe editou o libro “Un avó especial”.
Para máis información sobre a compañía, consultar: https://migallas.gal/