O rap da Landra viaxeira

O rap da Landra viaxeira

Os Jalochos, grupo formado no ano 2022 por Sabela Olivares e Suso Bello no que ofrecen un espectáculo musical interactivo co obxectivo de fomentar entre as crianzas o uso da lingua galega como fonte de diversión e aprendizaxe. Unha viaxe musical pola natureza de Galicia na procura da festa.

Para levar a cabo o espectáculo desenvolven un concerto participativo mediante xogos basados en conceptos musicais (tempo, ritmo, dinámica), así como a percusión corporal, o baile, e a lingua de signos.