15 Mar O pirata Efrén
Música Miúda é unha banda de música infantil e contacontos en galego creada por Irene Quinteiro e Miguel Alonso no ano 2019. A eles uniuse máis tarde Óscar Martínez (percusións, guitarra e voz) e, cando tocan en formato eléctrico, inclúen tamén a Manu Pazos no baixo.
Nas súas cancións fan especial fincapé na igualdade de xénero e no feminismo (de feito, o seu primeiro libro-disco, editado por Galaxia a fnais de 2022 chámase “Cambia o conto” e busca, a través da reinvención de contos tradicionais, erradicar os estereotipos de xénero). En directo, buscan a interacción co público miúdo.
Durante estes dous úitmos anos percorreron Galicia cos seus espectácuios “Historias de Bemol Pequeno”, “Cambia o conto” e “Música Miúda en concerto”). Nas súas letras atoparás personaxes como Antía Carapuchiña ou o dinosauro Pepón e sempre, sempre, moita festa!
A formación en directo é a seguinte:
Irene Quinteiro (voz e guitarra)
Miguel Alonso (voz, guitarra, percusión, kazoo e harmónica)
Óscar Martínez (voz, guitarra e percusión)
Manu Pazos (baixo)