O oso do Caurel

O oso do Caurel

Punk para nenas? Por que non!?
E logo? Que hai máis punk ca unha nena?
O punk é rebeldía, é pensar por ti mesma. Do it Yourself!! Faino ti ao teu xeito!! Como poidas, como queiras e como che preste!
O punk é ir a contracorrente, non ser coma a maioría porque cada unha de nós é diferente.
O punk é berrar, rir, facer pis… e tamén escribir as túas propias cancións, facer a túa banda, atopar a túa personalidade.
O punk é protestar. Quen non chora non mama!! Sabemos o que queremos, sabemos o que non queremos e estamos dispostas a chorar, cagar e patexar!!
Se non podemos xogar, non é a nosa revolución!!

Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado “Concerto PunkInfantil”. Tras descubrirse e recoñecerse van confluindo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e cativos.