01 Mar O galego é a fórmula
A Companhia do Ruído é unha banda de world music cunha forte identidade con Galiza. A súa proposta
musical da vida a unha orixinal cocteleira de estilos nos que a irreverencia e a retranca son as capitanas
dunha viaxe que parte da música popular galega para arribar en ritmos de latitudes internacionais como
os caribenhos ou os balcánicos. Esta aventura ten como resultado un directo enérxico e festivo que invita
a un trago de ritmo e humor en boa companhia.
Con máis dunha década sobre os escenarios, A Companhia o Ruído ten publicados sete discos e está
inmersa na elaboración do seu oitavo trabalho discográfico “Disfruten as Molestias”, que será lanzado ao
longo do 2019.
Festa, taberna e rúa, tres bandeiras para unha música que non ten fronteiras nin prexuízos.