O Espello

O Espello

García MC & Nación Quilombo

Nación Quilombo é froito de máis de 20 anos de traxectoria musical deste referente indiscutíbel da cultura hip-hop na Galiza. García Mc foi parte de iniciativas recoñecidas en España como Dios ke te Crew, onde participou activamente ata o 2016. Tamén formou parte de Labregos do Tempo dos Sputniks ou Ghamberros. Musicou poemas de Celso Emilio Ferreiro en clave rapeira, é colaborador da Banda Xangai e leva máis de 15 anos exercendo como pedagogo independente impartindo obradoiros e cursos de rap para así crear conciencia e valores
entre adolescentes.
Agora sorprende cun espectáculo innovador ao fronte da Nación Quilombo, unha banda que combina ritmos do mundo coa palabra como centro.