15 Mar Nunha Aldea
Catuxa Salom presenta o 21 de novembro do 2022 o seu primeiro traballo en solitario, Nunha aldea. Un EP de cinco temas creado na aldea de Pontenova, entre as montañas de Lugo, que fusiona folclore galego, ritmos latinoamericanos e electrónica. As súas cancións son un canto á vida rural, ao ecofeminismo e ás raíces, un convite a conectar co noso pasado. A artista galega de raíces nativo-arxentinas, finalista dos Premios Martin Códax na categoría de músicas do mundo e mestizaxe este ano 2022, consolídase como unha das novas referencias do panorama electrofolk en Galicia.