Nosas

Nosas

Somos Crúas (Alba Ermida e Iria San Marcial). Somos dúas almas que se xuntan para difundir a poesía galega a través da nosa creación musical. Queremos presentar un estilo de música que chegue ao alma de todo o mundo, unha música feita dende o interior, de maneira totalmente visceral. En definitiva, unha música crúa. Os nosos temas están feitos sobre textos e poemas de autoría galega, tanto de escritores vivos, incluíndo textos de autoría propia, como de escritores que xa non poden difundir a súa poesía de forma directa. Gustaríanos participar na edición deste ano co noso tema “Versículos de neve”, un poema orixinal de Helena Villar, autora coa que estamos en contato e que, ademais de darnos o seu consentimento para o uso deste poema, compartiu connosco a súa emoción e gratitude pola nosa canción