Non me digas te quero

Non me digas te quero

Aquel-e

Miguel Silva Conde nace en Rianxo no 1994, lugar onde vai comezar a cultivar moitas das súas paixóns. Primeiro vai ser a música, comezando as clases de solfexo e trompeta con tan só nove anos. Esta carreira musical levarao a tocar en bandas de música, charangas e mesmo -no seu último proxecto musical- nun grupo de rock.

En  novembro de 2018  comeza un proxecto en youtube baixo o pseudónimo de Aquel-e. Trátase dunha canle onde mestura todos os seus gustos e paixóns, cun toque de humor e sempre desde unha perspectiva milenial.

Desde a música pretende continuarse co proxecto de youtube, facendo relacións entre a cultura pop e elementos da cultura galega.

O proxecto musical consiste en producir xéneros que apenas existen en lingua galega coa pretensión de que a rapazada vexa como é posible crear todo tipo de música en galego. Por isto, o pop, o reggaetón ou o trap son as principais creacións nesta proposta.

A nivel musical, levo formándome nos escenarios desde os nove anos. Pasei polo grupo de rock Biribirlocke e participei noutros proxectos como trompetista.

É o primeiro proxecto como vocalista mais o gusto polas táboas vén de lonxe.