Neno do monte

Neno do monte

Xabier Vizcaíno volve cun novo traballo íntegramente en galego. Un libro disco que leva por título “Neno de Monte” onde fai unha homenaje ao mundo rural, ó monte onde reside o autor. O traballo conta con cinco relatos que rescatou da lingua de seus avós e onde puxo as súas maneiras tamen como contador de historias. A estes relatos danlles abrigo seis cancións con tintes acústicos moi ben engrasadas e que contan historias que foron creadas na Palleira, o estudo de traballo que Xabier ten en Goo, no Incio, na Terra Brava de Anxel Fole. Eso lle da forza para seguir facendo camiño nesta carreira de fondo.

O videoclip foi filmado tamen na Terra Brava, entre o encoro de Vilasouto e a aldea de Goo. “Diáspora” foi o seu anterior traballo, once historias ou momentos que se foi encontrando na sua xira-viaxe por toda latinoamérica en 2013 onde aterrizou cunha maqueta de cinco cancións “Millones de kilómetros”. Paseou esas melodías por Colombia, Perú, Bolivia, Chile, Argentina, Uruguay y Brasil e serviulle para seguir facendo camiño e aprendendo na sua maneira de crear cancións. Neste traballo discográfico conseguiu unha nova colección de cancións con selo propio y que o levou por moitos lugares, embarcándose en 2018 nunha xira de oito concertos por México presentándose nos estados de Mexico DF, Leon GTO, Guadalajara, Morelia, Guanajuato, Puebla e o pobo máxico de Bernal.

Co seu primeiro traballo “Alas de papel”, Vizcaíno presentou estas pezas por todo o estado español e en 2015 pisou de novo Argentina para realizar unha xira de quince concertos co apoio de Retrovan Records.

SOBRE AS SÚAS CANCIÓNS

As súas letras falan de forma profunda e directa do mundo que lle rodea, das vivencias como camiñante neste mal ordenado desastre, baixo a batuta do amor, o desamor, o valor dos pequenos detalles, a inxustiza social, co aliño dos instantes perfectos e lixeiros que a vida lle vai agasallando.

Son cancións nobres e sinceras onde o artista ocupouse da producción. Xabier Vizcaíno encargouse de tocar, cantar, gravar, mesturar e optimizar o disco aínda que contou coa colaboración de amigos de recoñecida traxectoria musical como Tito Calviño, Roi Maceda, Pachi Cruz, Lucía Pérez ou o colombiano Juan Guevara.