13 Feb Nai Natureza
Ukelele autor. Ukelele de batea con ritmos furancheiros,bebo dos licores do blues, reagge, ska, rumba e música tradicional galega, acompañado do sabor das letras reivindicativas e retranqueiras.
Hai dous anos que comecei con este proxecto musical. Dende aquela saquei a miña primeira maqueta “Ukeson” e leveina de viaxe por diversos locais como Aturuxo Bueu, Jamertte, Discotasca, A´Piramoria, etc; e nalgúns festivais como o Millo vere, o Rockin´ Vila, Ventorock, O rural quere xente, etc. Tamén tiven a sorte de poder formar parte do colectivo “Polo correo do vento”, onde toco os meus temas durante os contos ilustrados de Kike e Carlos. Por outra banda tamén colaborei co grupo de Teatro do Morrazo “Moito Morro Teatro”.
Neste intre estou traballando no segundo co que espero seguir gozando da música a través da nosa terra.