Na biblio!

Na biblio!

Música Miúda é unha banda de música infantil e contacontos en galego creada por Irene

Quinteiro e Miguel Alonso no ano 2019. A elxs uniuse máis tarde Óscar Martínez (percusións,

guitarra e voz) e, cando tocan en formato eléctrico, inclúen tamén a Manu Pazos no baixo.

Nas súas cancións fan especial fincapé na igualdade de xénero e no feminismo (de feito, o

seu primeiro libro-disco, que será editado por Galaxia neste 2021 chámase “Cambia o conto”) e, en

directo, buscan a interacción co público miúdo.

Durante estes dous últimos anos percorreron Galiza cos seus espectáculos “Historias de

Bemol Pequeno”, “Cambia o conto” e “Música Miúda en concerto”).

Nas súas letras atoparás personaxes como Antía Carapuchiña ou o dinosauro Pepón e

sempre, sempre moita festa!

A formación en directo é a seguinte:

Irene Quinteiro (voz e guitarra)

Miguel Alonso (voz, guitarra, percusión, kazoo e harmónica)

Óscar Martínez (voz, guitarra e percusión)

Manu Pazos (baixo)

Podes atopalos nas súas redes sociais:

https://www.facebook.com/musicamiuda

https://www.instagram.com/musicamiuda/

E contactar con elxs en:

651533927 (Irene) / 658600957 (Miguel)

irene_quinteiro@hotmail.com



Boletín de novidades
18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros