Mulher

Mulher

Un mundo de músicas é un espectáculo no que se presenta a funcionalidade e versatilidade da gaita, ademais da súa adaptación ás novas tecnoloxías no século XXI.

A proposta de Boroa ofrece unha variedade de opcións musicais acústicas: Composición propia combinada co folclore tradicional galego, pasando pola música de raíz de principios do século XX, nunha viaxe pola cultura e estilos musicais de diferentes países, así como a introducción na música contemporánea, o cine, ou a potencia sonora e a velocidade da música bretona e irlandesa.