Muiñeira na Illa de Ons

Muiñeira na Illa de Ons

Bouba son María da Pontragha, Carme da Pontragha, Uxía Iglesias e Maca do Pinheiro. Herdeiras e transmisoras da cultura do país e da festa ben feita. Dende a aldea da Pontagha (Ordes) estas catro pandereteiras presentan o seu tarballo Termando os Marcos.

Despois de toda a emoción do seu primeiro traballo Vinculeiras, chegou a merecida calma para erguer con paciencia o seu novo proxecto. A lume lento e un bocado máis maduras, reparan en si memsas e no mundo para crear algo novo, pequeño e local, dende as marxes. Máis ca nunca, Bouba resitúanse na súa aldea, a que lles da nome e que lles mostrou que sen nós non había futuro.

“Aquí estamos, Bouba, para seguir sendo, Termando dos marcos. Os marcos somos nós!”