
04 Abr Mudland
No ano 2017 nace Mudland da man de Ines Tilve, Felipe Rea e Francisco Prado, poñendo en escena un traballo de recuperación da musica tradicional e dándolle unha nova perspectiva, facendo así uns temas orixinais empapados de estilo propio.
A musica de Mudland e unha mestura de influencias que van dende o Folk mais tradicional, ata o Rock ou o Blues mais eléctrico, que non deixa a ninguén indiferente.
A posta en escena de Mudland adaptase as necesidades de cada actuación, presentándose en formato trío para os concertos mais íntimos, coas caras visibles de Ines Tilve (Voz e percusións), Fran Prado (Guitarras e voces) e Felipe Rea (Gaita, Clarinete, Saxofón e voces), e outro con toda a banda onde se suman Alfonso Riqueza (Batería), Jaime Rea (Baixo) e Alfonso Rea (Guitarra), pensado para escenarios mais grandes.