
04 Abr Minguante
Minguante é un dúo de pop e canción de autor formado por Óscar Martínez (Voz, guitarra e caixón) e
Miguel Alonso (voz, guitarra e harmónica). Nace en 2018 para realizar un par de concertos
acústicos… e levan xa máis de 150 actuacións por toda Galiza.
Nesta banda, cada un deles se reparte a composición das cancións e a voz principal. Así, atopamos
cancións máis próximas ao indie, principal influencia de Óscar, ou ao pop de autor, teima habitual
de Miguel.
Ata o de agora, todos os seus temas son autoproducidos nos seus estudios caseiros, encargándose
eles da gravación de todos os instrumentos. En plena pandemia de 2020 publicaron o seu primeiro
EP, “Minguante”, con catro cancións que foron espallando pola rede; e, neste 2022, publicarán o seu
primeiro disco, xa rematado, baixo o título de “A incrible historia dos homes minguantes”.