Miña nai

Miña nai

A Mekánika Rolling Band é un grupo de animación de rúa, que conta cun escenario  móvil autoamplificado, e que incorpora efectos visuais de lume e pirotecnia a parte  dun show enérxico, participativo e dinámico. No formato de escenario o show tamén  inclúe efectos de lume e pirotecnia. 

Conta cunha traxectoria de 15 anos, nos que xiraron por toda a península e parte de  Europa, exportando a música galega pola Península e a países como Alemania, Austria,  Francia e Italia. 

A banda está formada por Nolo Chazo a Batería, Pepe Noya ó baixo, José Hermo a  guitarra, Martín Chenlo ó trombon, Adrián Trillo ó saxo alto, Daniel Vieito ó saxo tenor  e voces e Aitor Garcia ó keytar e voces.

No ano 2017, foron semifinalistas no Concurso GOT TALENT SHOW de Telecinco.  Dende fai 5 anos, lideran o Ranking da plataforma Orquestas de Galicia facendo unha  media de 90 concertos por temporada. 

No ano 2018, publican o videoclip do seu primeiro single “En Busca da Festa” que foi  gravado polas rúas de Santiago de Compostela e congregou a multitude de persoas.  No ano 2020 publican o seu primeiro traballo discogáfico “A rúa é nosa” gravado en  

Pouland Estudios por Iago Pico, contando coa colaboración de Susana Seivane na  canción “Terra de Loitadores” 

Estos últimos anos participaron en multitude de Festivales do país coma o Ourenrock,  Nicrarock, Castelo Rock, Rockin Rian, Castelo Conta, Rockin VIla, Castanhazo Rock,  etc….