16 Mar Merdeiros
Michu do Rocha é unha banda galega formado no 2023 que mestura rock como eixo,garantindo a cohesión entre estilos tan diversos como funk, disco, surf e pop. A súa personalidade sonora destaca por unha rítmica imparable, guitarras con garra, retrousos coreables e letras afiadas cargadas de ironía, retranca e crítica social.
A música de Michu da Rocha destaca polo naturalidade dos instrumentos, pola voz crúa e persoal de Michu e polas súas rítmicas enérxicas. O resultado é unha sonoridade auténtica, con forza e sen artificios.
A proposta de Michu da Rocha convida tanto á reflexión coma ao baile, á risa e á desvergoña, a esa desinhibición festiva tan propia do Entroido.
A banda presenta un proxecto sólido e actual, sen complexos, que xoga coa idiosincrasia galega mentres mira cara ao futuro cunha proposta irreverente e enérxica.