Mekánika Rolling Band

Mekánika Rolling Band

A Mekánika Rolling Band é un grupo de animación de rúa, que conta cun

escenario móvil autoamplificado, e que incorpora efectos visuais de lume e

pirotecnia a parte dun show enérxico, participativo e dinámico. No formato

de escenario o show tamén inclúe efectos de lume e pirotecnia.

Conta cunha traxectoria de 15 anos, nos que xiraron por toda a península e

parte de Europa, exportando a música galega pola Península e a países

como Alemania, Austria, Francia e Italia.

A banda está formada por Nolo Chazo a Batería, Pepe Noya ó baixo, José

Hermo a guitarra, Martín Chenlo ó trombon, Adrián Trillo ó saxo alto, Daniel

Vieito ó saxo tenor e voces e Aitor Garcia ó keytar e voces.

No ano 2017, foron semifinalistas no Concurso GOT TALENT SHOW de

Telecinco. Dende fai 5 anos, lideran o Ranking da plataforma Orquestas de

Galicia facendo unha media de 90 concertos por temporada.

No ano 2018, publican o videoclip do seu primeiro single “En Busca da

Festa” que foi gravado polas rúas de Santiago de Compostela e congregou

a multitude de persoas. No ano 2020 publican o seu primeiro traballo

discogáfico “A rúa é nosa” gravado en Pouland Estudios por Iago Pico,

contando coa colaboración de Susana Seivane na canción “Terra de

Loitadores”

Estos últimos anos participaron en multitude de Festivales do país coma o

Ourenrock, Nicrarock, Castelo Rock, Rockin Rian, Castelo Conta, Rockin VIla,

Castanhazo Rock, etc….