Neno arco da Vella

Lucia Riveiros

Neno arco da Vella

Titulada Superior en Canto e Mestra de Educación Musical. Fórmase en Canto Histórico na Academia de Música Antiga de Salamanca (2004 -2007).Resulta semifinalista no III Concurso de Música Antiga de Gijón (2014). Foi solista en óperas como Alcina e Dido e Eneas (Haendel). Participou no Festival SINSAL co grupo Murmel (2011) e coas Cantigas de Amigo de Martín Codax (2013) e no IKFEM (2023) co grupo Elektrofadas xunto con Sandra Fernández.
En 2016 grava o disco “Tres Elefantes y un pingüino” para o método Suzuki de Educación Temperá e ven de gravar o seu disco “Neno Arco da Vella”(2025) xunto co pianista e catedrático do Conservatorio Superior de Vigo, José Manuel Fernández González (Rachmanolus).
Realiza tamén obradoiros e concertos para bebés xunto con Nubes Blancas e é Facilitadora de Canto Prenatal e de Voz como recurso no Embarazo e Parto.