Loita Feminista

Loita Feminista

Cuarta Xusta

Cuarta Xusta xorde a comezos do ano 2016 como resultado da paixón pola música dos seus integrantes. Comeza a súa andaina versionando temas de grupos coñecidos e sobe por primeira vez aos escenarios no Festival Presume de Galego do mesmo ano. Foi a partires deste momento cando o grupo comezou a traballar para compoñer temas propios que parten das inquedanzas que afectan á nosa sociedade e sempre na nosa lingua.
Durante o 2016, a banda actuou en diversos eventos e lugares como poden ser o I Oktoberfest
de Melide ou o concerto no IV Campamento Musical de Agolada.
No 2017 a banda segue a súa andaina musical participando en festivais como o Kurrala Rock, así como dando concertos varios e compartindo escenario con outros grupos do panorama galego como Superoito ou Zënzar, cuxo vocalista interpretou un tema con Cuarta Xusta no Festival Presume de Galego. A finais deste mesmo ano comeza a preparación para a gravación do seu primeiro traballo discográfico Un novo espertar. Este proxecto foi presentado o día 10 de marzo no Pub Gatos de Melide e inclúe oito temas propios que seguen unha marcada liña social e conta con grandes colaboracións do eido musical galego.
No mes de maio do 2018, Cuarta Xusta faise tamén co primeiro posto no concurso do Cantalingua, ofrecendo diversos concertos espallados pola xeografía galega ó alumnado dos centros que participan no Correlingua e que se suman así aos concertos da propia presentación
do traballo discográfico cos que recorreron diversas vilas e festivais como o Noceda Rock, o Antrospinos ou o Revenidas.
No 2019, o grupo segue a súa andaina musical por novos lugares e festivais como o Ourenrock e acada o segundo posto no concurso Cantalingua, permitindo desfrutar coas crianzas de diversos concellos de Galiza. Ademais, neste ano dan comezo os primeiros pasos
do que vai ser o próximo traballo.
Actualmente o novo espertar que achegou os berros desta formación a moitas persoas está chegando á súa fin para deixar paso ós novos proxectos que trae baixo o brazo e que irán saíndo á luz.