05 Mar Lilith
Alfonso Espiño formou a banda ESPIÑO en 2016, comezando unha odisea musical en solitario coa que explora as posibilidades do pop lisérxico en Galiza e en galego.
A banda está composta por Ale González (teclados), Brais Sánchez (guitarras), Fran Facal (batería) e o propio Espiño (baixo e voz), sendo gañadora do 1º Premio do II Certame Galicia Creativa (2016) e finalistas nos Premios Martín Códax da Música en múltiples ocasións.
A música de Espiño é unha fusión de sons e letras inspiradas pola natureza e melancolía de Galiza. Sobre os palcos, ofrecen un directo enérxico, cunha mestura de emoción e recollemento.
Atravesando fronteiras, a banda participou en diversos festivais como Felipop, Noroeste Estrella Galicia, Feito a Man, e até no SUNS Europe en Italia.
“Lilith” é moito máis que unha canción; é unha homenaxe ao símbolo do feminismo representado polo personaxe mitolóxico de Lilith. Déixate levar pola enerxía e a forza desta poderosa melodía mentres exploramos os temas da liberdade e o empoderamento.