Libérome

Libérome

Cris Regueiro & The Neo Band é un proxecto de Neo Soul formado por Cris Regueiro ao teclado, a voz e o looper, Ale Cambón ao baixo eléctrico e Bruno Couceiro á batería e percusión electrónica. No seu concerto interpretan temas baseados nas composicións da cantante e teclista Cris Regueiro, os cales recollen no seu desenvolvemento a creatividade e o estilo aportado polos músicos que a acompañan.Esta banda, formada a finais de 2021, debutou en agosto do 2022. En marzo de 2023 lanzou o seu primeiro vídeo coa canción “Libérome”. Actualmente atópanse preparando a gravación do que será o seu primeiro EP.