
24 Feb Leda
Paco Cerdeira (Músico, Compositor e Produtor) leva adicándose ao público infantil dende xa fai mais de 20 anos, comezando os seus pasos como membro de Mamá Cabra (grupo de música didáctica infantil en galego), do que participou nos seus traballos durante mais de 10 anos continuadamente, sendo eixo principal dos espectáculos desenvolvidos en coles, teatros, auditorios, librerías, bibliotecas, feiras do libro, etc.
O seu proxecto máis persoal, Pakolas, nace a finais de 2015, no que segue a compoñer para a cativada con letras e composicións propias. O seu primeiro traballo en solitario, “Pakolas” (2017), é un libro-disco publicado pola Ed. Galaxia, que conta co respaldo do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia. En agosto de 2020 sae editado o seu segundo traballo en solitario, “Ramona Órbita, a dona do tempo” (Ed. Galaxia, 4ª Ed Set 2023). Axiña agota a súa primeira edición, tan só cinco meses despois da súa estrea. En Xaneiro de 2021 sae do prelo a segunda edición ata a cuarta edición en setembro de 2022, con mais de 2.000 exemplares vendidos. Neste novo libro conta e canta a ritmo moi rockeiro a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas , e ademais ten unha máquina do tempo, coa que viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.