Kiwis

Kiwis

Consertasso na Horta é unha viaxe pola horta musical de Brais das Hortas, polas súas loucuras e fantasías.  Canción a canción, rego a rego, un feixe de personaxes levarannos de paseo polos variados cultivos sonoros deste veterano e ecléctico músico.

As súas letras, ácidas e profundas ás veces, lixeiras e divertidas outras, van sempre abonadas de retranca e inxenio. A música desta leira foi coidada ao detalle, buscando o equilibrio entre o tradicional e o electrónico, entre o punk e o chill-out, entre o trap e a regueifa.

Todo para amosar un irónico retrato da nosa sociedade, cunha fonda dose de esperanza no cambio sostible co medio e con nos mesmas.