Kiwis

Kiwis

Brais das Hortas é músico, clown e narrador oral.

Leva máis de 25 anos nos escenarios, tanto en solitario (“Consertasso na Horta”, “Contos para Cagar Patatillas”, “Zona en Obras”…) coma en diversos proxectos musicais (Blues do País, Sacha na Horta), de circo e clown (con Peter Punk no “Concerto PunkInfantil” e “Peter Punk e o Neno Imperdible”) ou de narración oral (con Marta Ortiz na “Tropa de Trapo”).

Formou parte de bandas como Mamá Cabra, Sons Miúdos (con Paco Nogueiras, Magín Banco, Uxía Senlle, Xoán Curiel, Pablo Díaz…), a Banda Fura Fura (Sés, Bocixa de Zënzar, Ico do Sonoro Maxín, Leo i Arremecághona, García MC…). Colaborou con Ataque Escampe e Sofía Espiñeira entre outros.

Fixo bandas sonoras orixinais para varios espectáculos (“De Vilatriste a Vilalegre” da Utópica Rodante de Teatro O Cubo, conmemorando os 40 anos do Centro Dramático Galego, “Nube, nube, sol” de Roberto Casal e Sofía Espiñeira, “Involución” de N+1…)

Tamén dirixe a outras compañías (Matrioskas, Marta Ortiz, Iseo a Moura…)