Hoxe nada pode saír mal

Hoxe nada pode saír mal

A banda Pillaband nace en 2023 como grupo de directo do espectáculo familiar “A Arbore dos desexos” Este traballo foi galardoado cun premio Martin Códax da Música en 2023 a mellar proyecto de música infantil. Está composta polos seguintes membros:

Ramón Feáns, experimentado músico compostelán que militou en bandas como Ophiusa, Anubía e Clan Moriarty entre outras. É o autor das músicas e letras da obra así coma tamén do texto e ilustraciòns. Neste traballo encárgase das guitarras, baixo, teclados, gravación, mesturas e masterización do proxecto.

Inés Salvado Gontad encárgase das voces principais. Actualmente milita no grupo DeVacas, Coro Encaixe, Budiño… e como actriz traballa ca compañía A Feroz Teatro.

Iria Iglesias, pianista e teclista de innumerables formacións que van dende o jazz ó soul. Unha todoterreo e unha aposta segura en canto a versatilidade e solvencia.

Daniel Díaz Fentanes, batería, Licenciado en Jazz pola Escola Superior de Música e Artes Escénicas de Oporto.Traballou como músico de sesión e directo para multitud de artistas que van dende o Pop Electrónico ao Jazz, pasando polo Folk e a Música Improvisada.

Jaime Manuel López, baixista. A súa vida transcorreu entre salas de concertos (Sala Capitol, Salasón, Gran Teatro Liceo Barcelona…), festivais (Derrame Rock en Asturias, Festival da Luz ou o Félix Rock en Galicia, Etc.) e diversas localizacions tocando con todo tipo de agrupacions, dende grupos de Rock ou en verbena, ata bandas municipais e populares u orquesta filarmónica entre as que destacan: A Orquestra Filarmónica de Praga co espectáculo “ Rock the Opera” , a banda de Rock “Onion Smile” coa que grabou 2 Eps e gañado premios En USA, UK e Colombia co seu videoclip “Behind the Courtain”, así como no concurso “Derrame Rock”.